Amigus Labs

Contact

Rúa Eume, As Pontes de García Rodríguez, La Coruña, 15320, Spain,
15320, La Coruña,
Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.


O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.


Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.


Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.


O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.


Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.


Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.


O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.


Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.
Para dar soporte ao noso obxectivo desenvolvemos as seguintes actividades e servizos:


• Os Talleres abertos AmigusLabs nas que as persoas poden ter un primeiro contacto co mundo maker a través de charlas e o desenvolvemento de proxectos, á vez que axudamos a que persoas con intereses similares coñézanse e colaboren.


• O acceso a unha comunidade local de makers, artistas, artesáns, e innovadores, conectados globalmente, que comparte coñecementos, procesos, ferramentas de deseño, fabricación, equipos de electrónica, mecanizado de precisión, prototipado rápido, fabricación dixital, impresión 3D, audiovisual, realidade virtual e máis.


• A impartición de programas educativos, cursos e talleres no ámbito da cultura maker.


• A organización, promoción e participación en actividades e eventos co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da cultura maker.

Competencies

3D Modelling
3D Printing
Circuit Production
CNC Milling